Perfil de ingreso recomendado

A oferta de prazas para o Grao en Dirección e Xestión Pública non ten límite, e accédese de acordo co procedemento e modalidades establecidas pola CIUG (Comisión Interuniversitaria de Galicia).

Formación profesional

As persoas que dispoñan do título de técnico superior de formación profesional, ou do título de técnico superior de artes plásticas e deseño, ou do título de técnico deportivo superior, ou de títulos equivalentes, poderán acceder de modo directo, sen necesidade de proba, a calquera ensinanza universitaria de grao. Máis info, en http://www.edu.xunta.es/fp/acceso-universidade

Validacións de estudios de FP

As persoas que dispoñan dunha titulación de formación profesional de grao superior poderán recoñecer créditos e validar materias nas ensinanzas do Grao en Dirección e Xestión Pública. En concreto, os seguintes ciclos superiores:

  • Secretariado
  • Administración e Finanzas
  • Xestión Comercial e Marketing
  • Servizos ao Consumidor
  • Administración de Sistemas Informáticos
  • Desenvolvemento e Aplicacións informáticas
  • Animación Sociocultural
  • Comercio Internacional
  • Axencias de Viaxes e Xestión de Eventos
  • Transporte

Máis info en http://www.edu.xunta.es/fp/fp-universidade