Obxectivos

Os obxectivos xerais do Grao en Dirección e Xestión Pública son:

  • Proporcionar aos alumnos/as uns coñecementos básicos ou elementais en Ciencia Política e da Administración, Dereito Público, Economía, Organización de empresa, Socioloxía, Informática e Estatística, orientados cara a Xestión Pública
  • Crear no alumno/a a capacidade de análise crítica que lle permita valorar a importancia dos seus coñecementos en contextos políticos, sociais e económicos, nacionais e internacionais.
  • Promover o interese no obxecto de estudio e preparar os alumnos/as para emprender posteriores estudios de especialización (Master).
  • Proporcionar ao s alumnos/as ferramentas de aprendizaxe e investigación para adquirir autonomía formativa.

 

Os obxectivos específicos do Grao son:

  • Inculcar aos estudantes o interese na aprendizaxe da xestión e administración Pública no ámbito dos sistemas políticos e administrativos desde unha perspectiva interdisciplinaria.
  • Coñecer a natureza e métodos aplicables á xestión e administración Pública dende unha perspectiva histórica e contemporánea.
  • Desenvolver nos alumnos/as as habilidades e destrezas necesarias para aplicar os coñecementos (teóricos e prácticos) adquiridos á práctica profesional.