Modalidade Semipresencial

Modalidade Semipresencial

Esta oferta abre a posibilidade de cursar una carreira de especial interese para todos/as aqueles/as profesionais que traballan nas Administracións Públicas interesados en mellorar o seu coñecemento, e as súas competencias e habilidades en dirección e xestión pública, ao tempo que concilian a vida laboral e familiar coa académica, aforrando tempo e recursos nos desprazamentos e cunha ampla dispoñibilidade horaria.

Solicita máis información Díptico modalidade semipresencial

A modalidade semipresencial do Grao ofrece unha serie de condicións idóneas:

1. As competencias e contidos das materias serán os mesmos para a modalidade presencial e a semipresencial. O único elemento que varía é o seguemento e a avaliación continua a distancia. Non é obrigatoria a presenza física nas sesións docentes.

2. Recoñecemento da experiencia profesional, polo que se pode solicitar o recoñecemento do traballo previo nas diferentes administracións públicas ou organizacións privadas, podendo validarse ata un 15% dos créditos totais.

3. Tamén poden recoñecerse materias para certos Ciclos Superiores FP ou por outra Licenciatura/Grao ou Diplomatura (Dereito, Económicas, Empresariais, Políticas, Relacións Laborais, etc.).

4. Aprendizaxe personalizada, a partir dun número limitado de matrícula (máximo 15 alumnos/as, ampliable segundo a demanda).