Grao en Dirección e Xestión Pública

Queres máis información?

Contáctanos por correo a infodxp@uvigo.es

banner_mailbanner_whatapp copia

Rama de coñecemento: Ciencias Sociais e Xurídicas.
Duración mínima: 4 anos.
Prazas: sen límite de prazas (Campus de Pontevedra)
Linguas empregadas: castelán e galego

A principal fortaleza do Grao en Dirección e Xestión Pública é o seu carácter multidisciplinar ao combinar as seguintes áreas de coñecemento: Ciencia Política e da Administración, Contabilidade, Dereito, Economía, Empresa, Estatística, Informática, Mercadotecnia e Socioloxía. Grazas a esta heteroxeneidade de coñecementos, o Grao orienta aos alumnos/as dun xeito integral cara a dirección e xestión das organizacións públicas e daquelas organizacións privadas cunha relación estreita coa Administración.

Saídas profesionais

A estrutura do plano configurouse en torno aos seguintes perfís dos futuros graduados en Dirección e Xestión Administrativa:

  • Técnico de Organizacións Públicas que inclúe 4 subperfís:
    • Técnico en Administracións Públicas
    • Xestor de Organizacións Públicas
    • Analista de Políticas Públicas: Perfil orientado a
    • Analista Político
  • Xestor de Proxectos que comprende 3 subperfís:
    • Asesor e Consultor
    • Analista de Políticas Públicas
    • Axente de Desenvolvemento Local

3 x 1

Estamos ante unha titulación que é un 3 en un: estudar Dirección e Xestión Pública é estudar Ciencias Políticas, Empresa e Dereito, nunha mesma titulación