Programa de Mobilidade

Programas De Intercambio Internacional (Erasmus)

Un aspecto importante do proceso de aprendizaxe universitaria consiste en asomarse a outras realidades, a outras formas de facer as cousas, para poder aproveitar o positivo. Con ese obxectivo, o Grao en Publicidade e Relacións Públicas conta con diferentes programas de mobilidade de estudantes.

Os principais programas son:

  • ERASMUS (Alemaña, Polonia, Italia, Lituania, Portugal, Noruega…)
  • SICUE-SENECA (Universidades españolas)
  • ISEP (Estados Unidos)

Se queres obter información detallada sobre cuestións diversas (convocatorias, oferta de prazas, requisitos, axuda económica, aloxamento, etc.), accede á web da Oficina de Relacións Internacionais.