Saídas profesionais

A formación que ofrece o Grao en Comunicación Audiovisual capacita ao estudante para a súa actividade en dous ámbitos fundamentais:

1- Produtor e xestor de proxectos audiovisuais – Profesional que deseña, planifica e organiza os recursos humanos, medios técnicos e orzamentarios para a produción de obras audiovisuais orientadas a Internet, telefonía móbil, Televisión Dixital Terrestre, videoxogos e outras contornas dixitais e interactivas. Coñece as técnicas e procesos de creación audiovisual e os mecanismos lexislativos e políticos da comunicación e desenvolve a súa actividade de creación, desenvolvemento, xestión e comercialización de proxectos audiovisuais interactivos.

2- Director, guionista e realizador audiovisual – Profesional especializado nas tarefas de guión e dirección-realización nos distintos medios audiovisuais – cenematográfico, televisivo, videográfico, publicitario, radiofónico, animación e multimedia – con coñecementos dos procesos técnicos e artísticos. É un profesional polivalente capacitado para poñer en escena un proxecto audiovisual segundo un guión, un plan de traballo e un orzamento, ademais de responsable da súa contorna estética e a supervisión das tarefas de postproducción