Perfil de ingreso recomendado

Considérase un perfil de ingreso aqueles coñecementos, habilidades e capacidades que debe ter un estudante, no momento de ingresar no Título de Grao en Comunicación Audiovisual.

A pesar de que os centros non teñen competencias propias para a selección de alumnos no referente ao título de grao, que veñen determinadas por normativas específicas e no que a Comisión Interuniversitaria de Galicia xoga un papel fundamental, se entendemos que deban definirse unhas características estándar, que debesen posuír os alumnos que desexen afrontar con garantías de éxito, os estudos conducentes á obtención do Grao en Comunicación Audiovisual. Dicha características xerais serían:

  • Capacidade analítica e crítica de natureza pluridisciplinaria orientada á comunicación e á súa contorna política-social-económico.
  • Interese en todo o relativo á comunicación, medios e soportes.
  • Capacidade creativa e certa habilidade no dominio da linguaxe audiovisual.
  • Predisposición á innovación no campo da produción audiovisual, nos seus diferentes formatos e soportes.
  • Predisposición ao traballo en equipo en talleres e laboratorios audiovisuais (estudo de radio, salas de vídeo, estudo de televisión, cabinas de postproducción, salas multimedia)
  • Facilidade para adaptarse á comunicación e ao constante cambio tecnolóxico no ámbito audiovisual e en contornas multimedia.
  • Un alto nivel de redacción.
  • Boa capacidade para a expresión oral e para a comprensión lectora.
  • Certo coñecemento do idioma inglés.
  • Inquietude e sensibilidade polo mundo audiovisual