Stage de Creatividade Gestmusic Endemol

Stage de Creatividade Gestmusic Endemol

En Gestmusic Endemol están a levar a cabo un proceso de selección para atopar 15 finalistas en todo o país para participar nun Stage de Creatividade.

Os escollidos, despois de pasar as fases de selección especificadas no anexo, reuniranse ao longo dunha fin de semana con Tinet Rubira, Director de Gestmusic Endemol Shine Iberia e recoñecido creador e director de programes de televisión, así como con outros creativos da produtora.

O obxectivo é descubrir novos talentos para o futuro e coñecer aos novos creativos do audiovisual e a televisión en xeral, sobre todo no ámbito dos formatos televisivos. O stage farase en Barcelona nun hotel con cargo a Gestmusic.

O proceso de selección será o seguinte:

  1. Inscribirse en creatividad@gestmusic.es (sen este paso, esquécete do resto!!!) 
  2. Responder un cuestionario que se enviará a todos los candidatos. (1ª fase de selección).
  3. Resolver un exercicio sobre creatividade que se planteará (2ª fase)
  4. Entrevista personal, chegado o momento (3ª fase)
  5. Ao final do proceso lístanse os 15 finalistas e convócase o stage enfocado a detectar novos valores profesionais.

 

 

FICBUEU 2016. Concurso Curtas de escola e xornada de actividades para os estudantes

FICBUEU 2016. Concurso Curtas de escola e xornada de actividades para os estudantes

CONCURSO DE CURTAS DE ESCOLA.

Para participar é preciso cubrir unha folla de inscrición por cada unha das curtas participantes e enviala a seguinte dirección, info@ficbueu.com, así como o envío da curta en formato dixital,  (data  límite 1 de xullo).

Consulta toda a información respecto a este apartado esta nas bases adxuntas.

A mellor curta do concurso será premiada con 250€ (farase entrega do premio á escola da que proceda a curta).

XORNADA DE ACTIVIDADES PARA OS ESTUDANTES.

ficbeu2016programa

A inscrición é de carácter individual (aforo limitado), é preciso enviar a ficha de inscrición  á dirección info@ficbueu.com.

“I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia”

“I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia”

Poderedes seguir en directo por streaming o I Congreso de Estudos Internacionais de #Galicia na canle da #uvigoTV

 

O IGADI, que en 2016 celebra o seu XXV aniversario, e o Observatorio da Gobernanza G3 da Universidade de Vigo, convocan este I Congreso de Estudos Internacionais de Galicia co obxecto de ofrecer unha plataforma de debate e de diálogo para todos aqueles que teñan interese académico e científico nos estudos internacionais. (más…)