Grao en Publicidade e Relacións Públicas

Linguaxe publicitaria (en castelán)

Grao en Comunicación audiovisual

Lingua española

Grao en Educación Primaria

Lingua e Literatura: español

Podes consultar as miñas titorías aquí

Breve reseña biográfica

Son profesora contratada doutora do Departamento de Lingua Española da Universidade de Vigo. Doutoreime en Filología Hispánica cun trabajo sobre a expresión da cuantificación na lingua de signos española (LSE). Os meus traballos de investigación
están vencellados ao eido da lingua de signos española e da lingua española como lingua estranxeira (L2). Pertenzo ao Grupo de Investigación de Lengua Española y Lenguas Signadas da Universidade de Vigo, GRILES (http://griles.webs.uvigo.es/), e
teño participado como investigadora en diversos proxectos asociados a este grupo de investigación.

Os meus traballos céntranse na investigación de cuestións lingüísticas vinculadas coa descripción gramatical da LSE e a elaboración de materiais didácticos de LSE como L1 e L2. Entre os meus traballos gustaríame destacar a monografía La cantidad a manos llenas. La cuantificación en la lengua de signos española (Madrid, Fundación CNSE) e algúns trabajos de análise lingüística da LSE, como “The Expression of Time in LSE”, en Sign Language & Linguistics 7:1 (2004), “La utilización del espacio en contextos icónicos: el caso de los numerales en la lengua de signos española”, en Estudios de Lingüística, nº 23 (2009) ou “La cuantificación indefinida en la lengua de signos española (LSE): la expresión del cuantificador TODO”, no Anuari de Filologia. Estudis de Lingüística (2012).

O traballo de elaboración de materiais para a ensinanza da LSE como L1 e L2, reflíctese en traballos coma omanual Defiéndete en lengua de signos española (2008), ou  a colaboración no libro Buscando respuestas en lengua de signos: la LSE como base de
enseñanza (Axac, 2015)

Como docente, imparto clases de Lingua Española nos estudios de grao das Facultades de Ciencias Sociais e da Comunicación e de Ciencias da Educación e do Deporte, e clase de Gramática y léxico de la lengua de signos española y de Usos profesionales de la lengua de signos española no mestrado interuniversitario en Lingüística Aplicada (http://www.udc.es/filo/MILA.html).

Ana Fernández Soneira

Ana Fernández Soneira

Profesora Contratada Doutora Departamento Lingua Española (H10)

Tfno: 986802007
Mail: anafe@uvigo.es