Muller Personaxe

Muller Personaxe é un retrato á actriz en producións galegas. A miña nai non traballa no sector audiovisual. Por estar alonxada dende o punto de vista profesional, quixen que fora ela a que protagonizase esta peza. Deste xeito, construimos unha personaxe feminina e traballamos cun discurso que busca visibilizar ata qué punto ela está influenciada polo que ve e polo que escoita.