Baiona Arde. 15/10/17

O 15 de outubro do 2017 unha chea de incendios comezaron a abrirse paso a través de gran parte de Galicia.
Ao sur da provincia de Pontevedra, concretamente Baiona, tamén chegaron.

Numerosos focos simultáneos crearon o pánico, pero tamén conseguiron que os veciños desta aldea xuntaran as súas mans e cooperaran entre eles, tentando gañar o combate contra as inmensas lapas.

Esta pequena peza documental vén a ser a historia de dúas persoas que presenciaron os incendios aquel día.

É o relato contado en primeira persoa da xente que viviu esa horrible situación e do que sentiu ao decatarse de que a súa terra estaba sendo destruída.