O CERTAME AUDIOVISUAL A CANTEIRA

A  misión  do  festival  é  promover  o  talento  do  alumnado  da  titulación  de  Comunicación  Audiovisual  da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación, ofrecendo tamén unha ventá de difusión a aqueles que remataron os seus estudios e non encontran un sitio no mercado. Ademais de por en  contacto  este talento tanto cos cidadáns pontevedreses como  co  tecido empresarial.

 

A  visión  do  proxecto  reside  en  estimular  e  fomentar  a  creación  de  obras  audiovisuais  e  que estas teñan un recoñecemento por parte da poboación allea  a universidade, converténdose nun  evento cultural capaz de reunir aos pontevedreses e desfrutar dunha xornada de cine, onde o importante sexan os novos creadores.

 

Un festival  formado por xente nova, documentada e amante do cinema, que sabe de primeira man  o  que  costa  exhibir  un  proxecto  audiovisual  e  que  chegue  a  un  público  determinado. Colaboración, diversidade, frescura, ilusión, e traballo son os valores fundamentais do certame.

 

Segue toda a información nos perfís en redes sociais:

 

Facebook:(https://www.facebook.com/A-Canteira-Certame-audiovisual-250115185713478)

Instagram: (https://www.instagram.com/acanteira_fcsc)