Materias no grao en Publicidade e RRPP

Elaboración da Mensaxe Publicitaria

Podes consultar as miñas titorías aquí

Breve reseña biográfica

Doutora en Comunicación Audiovisual e en Publicidade e Relacións Públicas pola Universidade de Vigo, onde obtivo o premio extraordinario de doutoramento coa súa tese en torno ao cinema de non ficción galego.

Produtora de longametraxes como Arraianos (2012) de Eloy Enciso, Vikingland (2011) de Xurxo Chirro ou Jet lag (2014) de Eloy Domínguez Serén, obras representativas do denominado Novo cinema Galego. os seus traballos foron presentados en Festivais como Locarno, FID Marseille, Mar del Plata, San Sebastián e en institucións como o MoMA, Museo Reina Sofía ou no Harvard’s Film Study Center. Filmes que obtiveron o recoñecemento do xurado no BAFICI, Cinema d’Autor ou Transcinema. 

Ten impartido conferencias en Harvard, Musac ou no Arts College de Edimburgo entre outros. Ten realizado estadías de investigación en centros de referencia como A Filmoteca da UNAM (México) ou na Cinemateca de Lisboa.

A súas liñas de investigación céntranse en cine de non ficción, mercadotecnia e produción cinematográfica

María Isabel Martínez Martínez

María Isabel Martínez Martínez

Profesora Asociada Departamento Comunicación Audiovisual e Publicidade (X14)

Telf.: 986 80 19 99
Mail: isabelmartinez@uvigo.es